Enviado a la página web de Redes Cristianas
Andrés TORRES QUEIRU-GA, Xosé CHAO REGO e Victorino P?REZ PRIETO. Non son moitos máis os nomes coñecidos da teoloxía galega malia o desenvolve-mento, nas últimas décadas, dunha producción biblio- gráfica nada desdeñable no seo desta disciplina.
Non sería desatinado agardar, por outra banda, que Galicia fose un dos centros mundiais de pensamento teolóxico,dada a relevancia simbólica de Compostela e do Camiño de Santiago para a cristiandade, alén do peso da Igrexa na conformación da nosa historia e da nosa cultura. Mais non parece, polomomento, ser así. A ausencia da integración da teoloxía na Universidade civil, ao contrario do que ocorre noutros países, pode ser un dos factores que axudan a explicar esta situación.
?En Galicia hai moita xente que fai teoloxía, pero pouca que vive da teoloxía e que poida dedicarse a ela profesionalmente??, salienta o teólogo Xosé Manuel Caamaño, profesor na Uni-versidade de Comillas.
Durante moito tempo reivindicouse, deste xeito, a creación dunha facultade galega de teoloxía, pois, ?sinala Victorino Pérez Prieto?, ?precisamos un cen- tro teolóxico galego que sexa realmente galego?? para superar o,ao seu ver,?pobre?? panorama actual.
Malia todo, realizáronse achegas interesantes. O propio Pérez Prieto publicou en Redelibros un artigo no que repasa a literatura relixiosa galega e subliña, alén de nomes tan soados como o de Chao Rego ou Torres Queiru-ga, o traballo de Xulio Andión, Manuel Regal, Xosé Alvilares, Xosé Antón Miguélez,Francisco Carballo e os xa falecidos Manuel Espiña e Miguel Anxo?Araújo ademáis de, en castelán, Julio Lois. Caama-ño cita, pola súa banda, a Alfonso Novo, Pedro Caste-lao ?tamén profesor na Pontificia Comillas?, e un bo número de mulleres, como Engracia Vidal, CarmeYebra e Pilar Wirtz.
Aínda que a reflexión teolóxica semella un feito máis individual que colectivo, proxectos como o do colectivo Encrucillada actúan como un importante foro de producción de saber teolóxico. A publicación do mesmo nome, e outras como Irimia ou Lumieira, tamén cumpren a súa función neste sentido. O Instituto Teolóxi-co Compostelán, centro integrado na Universidade Pontificia de Salamanca, imparte estudos superiores en Ciencias Relixiosas, celebra Xornadas de Teolo-xía e conta cun Servizo de Publicacións.
O director da biblioteca e profesor do Instituto Teoló-xico Compostelán Benito Méndez admite que?teólogos galegos hai poucos??, non adicándose case ningún en exclusiva á teoloxía, pois ?a maioría somos cregos ou temos outras ocupacións??. Preguntado polos principais
autores da materia en Galicia, cita a Torres Queiru-ga, Chao Rego, Victorino Pérez, Xulio Andión, Gui-llermo Juan Morado, José Antonio Gil, Ramiro Gon-zález Cougil,o bispo de Lugo Alfonso Carrasco, o biblista Xosé Antonio González García e o arquiveiro da Catedral de Santiago e tamén docente no Instituto Teoló-xico Segundo Pérez, ademais de, entre os seglares, Caama-ño e Castelao. Das publica-cións, sinala as revistas ligadas ás dióceses: Lu-censia, Auriensia, Estudios Mindonienses e Composte-llanum.
Parte dos principais debates
dos últimos anos no seo da teoloxía galega poden seguirse, por outra banda, a través da obra de Torres Queiruga e das adhesións e críticas que suscita. Moitas de las están recollidas en Repensar a Teoloxía. Recuperar o cristianismo, actas das Xornadas de Teoloxía organizadas por Encrucillada no 2010.O noso teólogo máis internacional despois de Amor Ruibal condensou ademais en Alguén así é o Deus en que eu creo (Galaxia, 2012),boa parte das súas teses.Unha das fundamentais é ?romper a imaxe do Deus xusticieiro e castigador, do Moloch opre-sor que a tantas persoas lles apagou a alegría da vida??.
Na idea de Deus como amor e na necesidade de procurar o diálogo inter e intrarelixio-so coinciden Pérez Prieto e Torres Queiruga. Prieto alíñase, porén, con Chao Rego na defensa da oración de petición como necesidade ?antropolóxica??, fronte á prevención de Queiruga cara a unha práctica que,ao seu ver, tal como se formula, cuestiona de feito a autono-mía humana, informa a Deus do que xa sabe e tenta convencelo de que impida o mal como se este non fose resultado inevitable da ?finitude??do mundo. Maior malestar causaron na Conferencia Episcopal espa-ñola as teses de Queiruga sobre cuestións como a resurrección e a Revelación.
FARO DE VIGO, XOVES, 1 DE NOVEMBRO DE 2012 REPORTAXE