InicioRevista de prensatemas socialesForo Social Mundial: Santiago de Compostela

Foro Social Mundial: Santiago de Compostela

Publicado en

foro social.jpgNoticias Yahoo

Máis de 80 organizacións de Galicia celebraron hoxe en Santiago de Compostela unha asemblea «moi plural» na que se acordou a creación do Foro Social Galego, segundo informou un membro do Seminario Galego de Educación pola Paz, Manolo Díaz.
Publicidad
Un total de once organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso do Foro Social Mundial (FSM) dende xaneiro de 2001, organizaron esta reunión para expresar a solidariedade dende Galicia coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.

En declaracións a Europa Press, Manolo Díaz explicou que na asemblea participaron máis de 200 persoas das diferentes asociacións, cun ton de «cordialidade» e con ánimos para facilitar á comisión a creación do foro, co que espera responder dende Galicia ao movemento antiglobalización, que traballa baixo o lema de «outro mundo é posible».

Neste sentido, Díaz explicou que o Foro Social Galego obedecerá a uns criterios comúns baseados na autoorganización, a política asamblearia, a non portavocía, a non xerarquización, a non representación política e si á representación de persoas. Ademais, destacou que «non é cuestión de crear unhas siglas» senón de chegar a uns obxectivos que estean en concordancia coas bases do FSM.

Como conclusión, Díaz destacou que non houbo ningunha intervención contraria para iniciar un proceso para a constitución do foro, xa que se trata dunha comisión «aberta e dinamizadora» con entidades e asociacións de persoas.

Así mesmo, explicou que nas próximas semanas se reunirán para debater as decisións a levar a cabo, coas que se intentará responder ás reivindicacións das asociacións de Galicia coas que esperan representar a Galicia no Foro Social Mundial de 2009 en Brasil.

Últimos artículos

La escasez de agua potable puede desencadenar guerras y amenazar la vida -- Leonardo Boff

Leonardo Boff La cuestión del agua dulce es indiscutiblemente tan importante como el cambio en...

Francisco: «El cambio de modelo de consumo es urgente e inaplazable»

Religión Digital "No robemos a las nuevas generaciones la esperanza en un futuro mejor" El...

No a una economía que produce descartes: buscar el bien de todos

Vatican News Al recibir a la Fundación “Centesimus Annus” con motivo del trigésimo aniversario de...

Noticias similares