InicioRevista de prensaiglesia catolicaOs bispos condenan o teólogo Torres Queiruga

Os bispos condenan o teólogo Torres Queiruga [galego]

Publicado en

A nosa Terra

Malia que as súas análises son estudadas nas facultades e a pesar de que goza dun peso significativo entre a curia vaticana, os escritos de Andrés Torres Queiruga serán condenados polos bispos. Segundo recolle Público, a Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, que preside o arcebispo de Granada, Javier Martínez –o primeiro prelado xulgado no Estado español– publicará nas próximas semanas o decreto condenatorio da obra do teólogo galego.

De non mediar Roma, Torres Queiruga podería ser apartado da Igrexa. O diario reproduce unhas declaracións do estudoso nas que se amosa “abraiado”. “Ninguén falou comigo”, asegura. Como adoita ser habitual na Comisión, “non houbo diálogo de ningún tipo sobre cuestións que merezan ser aclaradas ou discutidas”. Segundo recoñece, a condena “non só me resultaría moi allea ao máis elemental sentido democrático, senón totalmente contraria ao Evanxeo, posto que se cuestionaría a fe e se condenaría un teólogo sen escoitalo previamente”.

A Comisión

Presidida polo primeiro prelado xulgado no Estado español, da Comisión tamén forman parte o bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiuza, e o de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, entre outros bispos de distintos puntos de España.

A Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe ten a misión de procurar que o que se diga na Igrexa, de palabra ou por escrito (a doutrina), sobre o Evanxeo de Xesucristo “responda de verdade a ese Evanxeo tal e como o entende a Igrexa”.

Últimos artículos

«Es hora de abolir el celibato», clama el presidente de los obispos suizos

Religión Digital Félix Gmür: "Presionaré en Roma para que la Iglesia se descentralice" "El celibato...

Francisco sobre el cambio climático: Actuemos antes que sea tarde

Enviado a la página web de Redes Cristianas Fuente: Observatorio eclesial Ciudad del Vaticano. El...

La inmigración consecuencia del neoliberalismo~ -- Lois Pérez Leira

kaosenlared La emigración global sigue en aumento. Según Naciones Unidas, en 2020 había alrededor de...

Noticias similares