Reunidos nos Ancares (Lugo), os día 1 e 2 de xullo, á marxe doutros temas tratados, acordamos sumarnos á Declaración sobre o conflicto Munilla-Arregui do Foro de curas de Madrí, secundado, na súa integridade, polo Foro de Cristiáns Gaspar García Laviana, de Asturias.
Apostamos por una igrexa de iguais, sen imposicións e en diálogo, fiel ao Evanxeo e ao Concilio Vaticano II, onde é posíbel a crítica, a liberdade de expresión, onde as voces dos cristiáns e cristiás, que manifestan en conciencia as súas experiencias sobre Xesús de Nazaret ou as súas aproximacións intelectuais aos interrogantes que expón a fe cristiá, pregoen a liberación do Reino de Deus.
O Vaticano II é voz de Igrexa. Nós queremos seguir as súas indicacións. Na Igrexa de Xesús, o Cristo, cabemos todos. ? a fe o que nos une. Xosé Arregui é un cristián, fiel ao Vaticano II, Sr. Bispo, disimule as diferencias teolóxicas e con seguridade podemos entendérmonos.
Por todo esto manifestamos o noso apoio a Xosé Arregui e aos que ?máis están sufrindo esta situación e para expresar, pública e abertamente, que tamén nós ?pedimos a palabra?? (Convocatoria en Bilbao, jueves 8: Yo también pido la palabra ).
Os Ancares, 2 de xullo do 2010.-