InicioActualidad de Redes CristianasComunicado de prensa##Asociacións da igrexa de base de Galicia (Gallego)

Comunicado de prensa -- Asociacións da igrexa de base de Galicia (Gallego)

Publicado en

As Asociacións de Igrexa de Base Galegas: Somos Igrexa, Irimia, Encrucillada, Mulleres Cristiás Galegas e outras integradas na Coordenadora de Crentes Galeg@s e a nivel estatal no Colectivo REDES CRISTIÁS (somos máis de 150 asociaciación e entidades) acordaron na súa Asemblea Anual propoñer unha Campaña orientada a defender :
“O decrecemento solidario como alternativa fronte a Crise Económica do Sistema Capitalista”.

Para esa Campaña, acordamos:

1.Respaldar alternativas como a promovida polo Sindicato Labrego Galego que está a reclamar a Soberanía Alimentar proposta por Vía Campesiña. Sentimos a necesidade dun cambio de mirada en tódolos eidos; cambio nas regras que rexen o comercio mundial; xustiza comercial, que implica eliminar as subvencións que permiten exportar ós países ricos os produtos por debaixo do seu custe real, danando ós produtos e arruinando ós produtores dos países empobrecidos, ou menos favorecidos, (caso do leite en Galicia).

2.Respaldar e promover os proxectos que en Galicia comezan agromar, aínda que con certa cativeza, pero con ilusionada esperanz de agricultura ecolóxica e sostible, entre outros coñecemos: “O grelo Verde” e “Proxecto Amorodo Tamén proxectos alternativos no campo das finanzas como AIS O Peto que estimula en Galiza a “banca solidaria” a través do Proxecto “Fiare”. Proxectos estes que axudan a humanizar o mercado, vendendo os produtos de temporada, respectando os ciclos da natureza, baseándose na complementariedade e solidariedade e non na competitividade.

3.Convencidos que co decrecemento solidario que propoñemos chegaremos a unha sociedade máis xusta, creando unha vida máis digna para todas e todos sen exclusións; obrigados a compartir para que todos teñan as necesidades básicas vitais cubertas. Por todo isto reivindicamos a defensa do dereito á esperanza e, a defensa do dereito a utopía. Todos somos necesarios para cambiar á sociedade, temos a obriga de actuar na defensa ecolóxica da nosa nai Terra: co aforro da enerxía da auga… , na defensa social do nosos irmás e irmáns: comercio xusto e xustiza social, tendo en conta as relacións de xénero. Por todo isto entendemos que outro mundo é posible “ Vivir con menos para vivir mellor”.

Tentaremos ao longo do presente ano facer presente nos nosos grupos e comunidades de base a forza desta alternativa baseada en decrecer productivamente para crecer humanamente. Convidamos ao conxunto da Sociedade Galega a sumarse a esta Iniciativa.

Últimos artículos

Domingo 10 de diciembre, 2 Adviento – B (Marcos 1,1-8): Renovación interior -- José A. Pagola

Grupos de Jesús Para ser humana, a nuestra vida le falta una dimensión esencial: la...

Guterres activa por primera vez el Artículo 99 de la Carta de la ONU para pedir un alto el fuego en Gaza -- Javier...

el diario El Artículo 99 de la ONU permite al secretario general pedir al Consejo...

Antonio Aradillas, periodista y cristiano insobornable -- Juan José Tamayo, teólogo

El blog de Juan José Tamayo Era una delicia escuchar sus homilías Al recibir de...

Noticias similares

Domingo 10 de diciembre, 2 Adviento – B (Marcos 1,1-8): Renovación interior -- José A. Pagola

Grupos de Jesús Para ser humana, a nuestra vida le falta una dimensión esencial: la...

Guterres activa por primera vez el Artículo 99 de la Carta de la ONU para pedir un alto el fuego en Gaza -- Javier...

el diario El Artículo 99 de la ONU permite al secretario general pedir al Consejo...

Antonio Aradillas, periodista y cristiano insobornable -- Juan José Tamayo, teólogo

El blog de Juan José Tamayo Era una delicia escuchar sus homilías Al recibir de...