Colombia ten fama de ser un país violento; mesmo dos máis violentos do mundo. Moita xente de fóra -como ocorre aquí cos prexuízos españolistas fronte a Euzkadi- pensan que se un vai a Bogotá, Medellín ou Cali, corre en todo momento o perigo de que o secuestren, ou de ser víctima de bombas e tiroteos que habería diario nas rúas. A realidade é hoxe diferente, como puiden constatar na miña estancia no país ao longo do mes de agosto.
Ben é certo que fun aló para un traballo moi específico nun espacio privilexiado, o universitario: participar no tribunal dunha tese de doutoramento, dar un curso de posgrao e conferencias na prestixiosa Universidade Javeriana de Bogotá e noutras da capital. Pero tamén percorrín lugares ben diferentes, e estiven con comunidades dun dos barrios máis pobres e conflictivos: Eldorado; alí escoitei de recentes ?balaceras?? entre grupos de rapaces novos, con varias mortes. Tamén estiven varios días na outrora violentísima Medellín, para dar unha conferencia e participar nunha mesa redonda interrelixiosa, cunha nutrida concurrencia.
O que eu vivín nesta Colombia non me causou medo, senón máis ben esperanza. Sen pechar os ollos aos gravísimos problemas dos ?desprazados?? (catro millóns en Colombia, a metade deles en Bogotá!, que fuxiron do campo polos conflictos coa guerrilla e o narcotráfico) e a inxustiza social que produce pobres por millóns, multiplicada cos problemas dunha megaurbe como Bogotá (8 millóns de habitantes! unha parte importante en casoupas nas ladeiras dos cerros que circundan a cidade).
Lía recentemente nun estudio científico (R.Veenhoven, da Universidade de Roterdam, Trend Happy-Life-Years in Nations 1946-2008: How long and happy people live. World Database of Happiness, Trend Report 2009), que Colombia ocupa o posto nº 14 no ranking mundial de ?xente feliz??, cunha nota de de 8,1 sobre 10 (2008). Un posto moi alto na clasificación; contando con que España ocupa o 16 cunha taxa de felicidade de 7,2/10, e con potencias como Inglaterra no 22, USA no 25 e Francia no 34. Os colombianos están moi orgullosos do seu país; non é raro que, vendo que a xente che aborde na rúa para preguntarche se a ti tamén che gusta a súa Colombia.
Con todo, como me escribía un amigo mestre zen -Felipe Jaramillo, medellinense co que compartín mesa redonda na súa cidade-, ante enquisas así, compre pensar se teñen en conta ?a facilidade coa que os seres humanos vivimos na mentira??; pois ?¿Cómo é posible afirmar que somos un pobo ?feliz? cando o 50 % vive na pobreza?… ¿Pode ser feliz un país e unha cidade [Medellín] que vive diariamente sumido en crimes, secuestros, corrupcións e delictos???. El foi ?testemuña da dor que arrastra o pobo colombiano??, polos conflictos armados, a ambición, a desidia, a crueldade, a ignorancia…
Lembrábame Felipe que ata hai só 20 anos ?a cidade estivo cercada polo horror dunha guerra cega??, declarada polos cárteles da droga en loita contra o estado: ?A calquera hora do día, en calquera lugar da cidade un carro bomba explotaba eliminando de maneira indiscriminada policías, civís, mulleres, nenos, ricos e pobres?? O terror obrigaba a gran parte da cidadanía a vivir baixo alarma permanente, a pecharse desde o solpor, a temer por todo??. Os dirixentes tiñan moi pouca credibilidade, máis preocupados de repartirse os beneficios do poder que de tomar unha postura ética firme. Os diñeiros do narcotráfico mercaron políticos, funcionarios, oficiais da policía e do exército, xuíces?? Ademais, o movemento paramilitar, apoiado polas forzas do estado e unha parte importante da cidadanía, que asumía unha ?tarefa de limpeza?? contra a guerrilla (FARC, ELN??); parece que estes paramilitares estaban en íntima relación co narcotráfico, aínda que o negaran.
No 2002 foi elixido cunha gran votación o actual presidente, Alvaro Uribe, que viña dos sectores máis reaccionarios do país, aínda que se declaraba liberal; a súa campaña foi abertamente apoiada polos paramilitares, que o vían como líder natural das súas loitas antiguerrilleiras. En Medellín coincidiu co alcalde Luis Pérez, ?recordado coma o máximo exemplo de corrupción??, dime Felipe.
Afortunadamente, a este ultimo sucedeuno na alcaldía Sergio Fajardo, un político independente que viña da universidade e conseguiu unificar a moitos sectores da cidade en desacordo co anterior mandatario. Baixaron notablemente as estatísticas de violencia e medrou a paz e o progreso na cidade, sobre todo para os sectores máis pobres, como me recoñecía un taxista. Sergio Fajardo propuxo un novo modelo de administración comprometida coa cidade, libre de corrupción e convencida da necesidade de educar e de elevar o nivel cultural dos seus habitantes. ?No seu período, a cidade cambia de cara??, dime Jaramillo; non só polas obras externas, senón porque ?a cidade comeza a sentir un gran alivio??, particularmente as barriadas máis esquecidas.
De cara ao futuro, aínda que hai esperanza, cómpre recoñecer o peso corruptor e delictivo das redes do narcotráfico; con novos dirixentes tras da morte do temido Escobar hai máis de dez anos. Tampouco é esperanzador o goberno de Uribe, que quere perpetuarse no poder co apoio da burguesía e un gran presuposto militar. Inza no país a corrupción entre políticos e funcionarios; unha verdadeira ?cultura mafiosa??, baseada no enriquecemento doado, a falta de respeito á vida, a intolerancia?? Como me recorda o meu amigo ?o país enteiro necesita coidado, tino, sabedoría e menos garrote e mentiras??. Alí, como aquí, imponse unha política honesta e intelixente.