Europa, Terra de Acollida??? DocumEnTo DA PAZ 2015

0
86

 

A Coordinadora de Crentes Galeg@s, conformada por asociacións da Igrexa de base de Galicia, como vén realizando de forma habitual presenta entorno á celebración do Día da Paz, o seu documento Europa, Terra de Acollida???, cuns fortes interrogantes, que cuestionan esa afirmación inicial. Parecíanos imprescindible, como fillas e fillos dun Deus que é amor e paz, abordar neste momento esta realidade tan significativa, cuestionadora e ao tempo estimulante, que estamos a vivir.

 

1.-SOBRE PERSOAS REFUXIADAS

 

no ano 2014 había no mundo, segundo datos oficiais, 59,5 millóns de persoas desprazadas do seu lugar de orixe, a causa de persecucións, conflitos, violencia xeneralizada, ou violación dos dereitos humanos. Ademais de Siria, atopamos persoas refuxiadas, entre outros moitos lugares, en Sudán do Sur, República centroafricana, Etiopía ou uganda en África; en Afganistán ou Paquistán, con conflitos endémicos, en Asia; en colombia en América Latina; e mesmo 250.000 persoas ucraínas tiveron que refuxiarse en Rusia, na nosa Europa.

 

Evidentemente sempre houbo e hai millóns de persoas refuxiadas, a peculiaridade agora é que esas persoas están a chegar a Europa en importante número. chegan, ademais, a pé, por terra; son, polo tanto, unha realidade que non podemos evitar ou esconder.

Aspersoasqueafogannomediterráneopásannosamiúdomáisdesapercibidas, ou resultan máis doadas de esquecer acudindo á falsa fatalidade das traxedias inevitables da mar, pero ante estas non hai traxedia natural que sirva para xustificarnos. Sorpréndenos tamén, porque en realidade ninguén de nós esperaba que o impresentable apoio prestado polos países occidentais ao autócrata sirio, rematara por ter esta tan inesperada consecuencia. Por todo iso, parecía, que os estados europeos finalmente ían artellar algunha alternativa razoable, presionados por unha sociedade civil que vai moi por diante dos seus dirixentes, especialmente no caso de España.

Convén precisar, que o dereito ao refuxio, ao asilo político, é un dereito humano fundamental, das persoas que teñen que fuxir para evitar a súa morte. Esta situación é incuestionable no caso das centos de miles de persoas de orixe sirio, afgán ou doutros lugares que transitan agora polo Leste do noso Continente. O seu dereito impide que establezamos cotas (aínda que se puxeron), porque en realidade teremos que acollelas a todas. Pero, non nos asustemos, Europa ou España teñen, temos capacidade para acoller a moitas persoas (hai que ter en conta que Xordania, un pequeno país de oriente medio, acolle a máis dun millón de refuxiad@s siri@s).

outra matización, só poderán vir co recoñecemento xurídico da condición de asilad@s e cos dereitos e axudas económicas que iso implica. nese sentido, os estados, neste caso o español, son os responsables únicos e finais desta realidade. caberá, sen dúbida a solidariedade ofertada por tantas persoas, pero será nunha fase posterior, seguramente, e artellada dende as administracións públicas. De feito nos últimos anos e a través de ceuta e melilla, con pasaportes marroquinos conseguidos no ?mercado negro??, varios miles de persoas sirias xa entraron no noso territorio.

Por certo, o Estado Español terá que espelirse, porque ata o de agora só tiña acordadas con onGs 900 prazas para persoas refuxiadas. certamente terá que facer convenios por moitas máis prazas e estender no tempo a axuda económica que se outorga a estas persoas (426 euros mensuais durante un período de 6 meses, neste momento). Lamentablemente o Estado Español a penas concedía o estatuto de refuxiado político a un miserable cento de persoas anualmente, e iso ten necesariamente que cambiar, como mostra o incremento no último ano.

As propostas iniciais de Alemaña parecían indicar que íamos asistir a un proceso relativamente rápido e eficaz dende o punto de vista organizativo e técnico, pero o proceso tende a ralentizarse cada vez máis, ao tempo que perde protagonismo nos medios de comunicación. convén manterse de novo alerta e reclamar dende a sociedade civil esa rapidez e eficacia que a unión Europea amosa noutras cuestións.

Os ataques terroristas do 13 de novembro en París, terribles e condenables, como tantos outros que suceden todos os días en Siria e noutras partes do Mundo, non deben ser utilizados para frear ou obstaculizar este proceso. Tampouco para xustificar unha persecución sen garantías legais das persoas migrantes procedentes de países musulmáns.

 

2.- SOBRE PERSOAS INMIGRANTES

 

Pero aquí en España ou en Galicia, viven con nós persoas procedentes doutros países dende hai tempo. no caso galego, a verdade é que non son moitas, a penas 100.000 persoas. maioritariamente, ademais de portuguesas, de procedencia latinoamericana, romanesas (porque son comunitarias e non teñen atrancos legais) ou marroquinas (con moita tradición entre nós). outras nacionalidades, con relativa importancia ademais do resto de comunitarias, son as persoas senegalesas ou as chinesas. Estas persoas sofren, como no resto do Estado, unha lexislación de estranxeiría moi dura, que limita os seus dereitos e que impide na práctica unha entrada legal e razoable ao noso país. Por certo, como no caso das persoas refuxiadas, as chamadas ?mafias?? non son a causa deste tráfico de seres humanos, senón a consecuencia das limitacións legais que establecemos os gobernos europeos.

As que chegan, se atopan, ou regresan a unha situación de irregularidade administrativa (as chamadas ?sen papeis??) non poden acceder a axudas sociais de ningún tipo, só poden traballar de forma irregular, e sofren persecución policial (no ano 2014 houbo, segundo datos do propio Ministerio do Interior, máis de 40.000 detencións a persoas estranxeiras por temas de documentación en España, 597 en Galicia -que non son, por certo, tan poucas-), que poden acabar en ingresos en centros de internamentos de estranxeiros (peor que cadeas) ou en deportacións masivas. (Curiosamente o Estado Español, expulsou de forma forzada no ano 2014 a máis de 10.000 persoas, podemos facer oco evidentemente para esas persoas refuxiadas que nos asignan). No mes de novembro deste ano 2015 o Ministerio do Interior acaba de renovar o Convenio con Globalia (grupo empresarial do que forman parte entre outras marcas Air Europa, Swiss Air ou Viaxes Ecuador) que proporciona a este grupo empresarial 12 millóns de euros anuais para pagar a deportación dunhas, calculan, 15.000 persoas nos anos 2015 e 2016.

con esa realidade, de xestións de documentacións complicadísimas, axudas asistenciais, mediación policial ou social, etc, traballan acotío as entidades sociais que defenden os intereses deste colectivo en Galicia e no conxunto do Estado Español.

convén que non esquezamos esta realidade, xa presente entre nós, e tan pouco coñecida. unha perigosa corrente europea anuncia xa que se acollemos persoas refuxiadas a contrapartida debe ser ?tolerancia cero?? coa inmigración económica. Botémonos a tremer, porque en realidade sempre houbo ?tolerancia cero?? con estas persoas, ou sexa que resulta difícil pensar que outros mecanismos poden imaxinar para intensificar a persecución sobre as mesmas. Cuantifiquemos por certo, tamén, falamos de entorno a medio millón de persoas no Conxunto do Estado Español e unas 7.000 ou 8.000 persoas en Galicia. moitas delas con tempo de estancia xa prolongada entre nós, sufrindo ademais dos atrancos legais e as persecucións policiais, os nosos racismos. os racismos das palabras incendiarias, e tamén os máis sutís das olladas diferenciadoras, as explotacións laborais, os alugueiros abusivos, os retrasos sistemáticos do alumnado inmigrante no noso sistema educativo, e tantas outras.

Aínda que evidentemente, como dicíamos máis arriba, temos que acoller a esas persoas refuxiadas, non só a 15.000 ou 20.000, senón a todas. non queda outra, se queremos estar a altura da nosa dignidade como seres humanos e como fill@s de Deus, como ven de recordarnos de forma certeira o Papa Francisco.

3.- CONCRETANDO, ALTERNATIVAS E PROPOSTAS

Imos neste apartado comezando do máis xeral ao máis concreto, presentar unha serie de propostas dirixidas ao conxunto da cidadanía, ao Pobo de Deus, á nosa xerarquía eclesial e tamén aos nosos dirixente políticos.

  1. Derrogación da actual Lei de Estranxeiría, que debe substituírse por unha nova lexislación que sen pretensión de exhaustividade debe polo menos: facilitar formas razoables de entrada regular no Estado Español; impedir a persecución do colectivo migrante mediante a despenalización das situacións de irregularidade administrativa, que deben ser consideradas meras sancións administrativas; garantir e flexibilizar os requisitos para que se poida con facilidade restablecer a regularidade administrativa no caso de perda das autorizacións. Outra lei debe tamén recoller o dereito de voto deste colectivo.

2.        Promoción dunha actuación internacional en Siria e noutros países con situación similares nas que se priorizen o benestar e os dereitos das poboacións antes que os intereses político-económico-estrátexicos dos países occidentais.

  1. De cara á poboación con dereito ao refuxio e a nivel europeo unha actuación fortemente proactiva que permita, a través de consulados móbiles nos países máis próximos aos conflitos, o recoñecemento do dereito ao refuxio para todas estas persoas, para que así poidan viaxar por vías legais e seguras aos seus países de O Estado Español debe abandeirar esta iniciativa dentro da UE.
  2. No Estado Español, o recoñecemento inmediato da condición de persoa refuxiada para todas as persoas, ás que asista ese dereito, que o soliciten, establecendo un procedemento, que se estendería a calquera persoa de calquera lugar, que garanta durante polo menos dous anos un lugar de residencia digno e uns ingresos mínimos. Durante ese tempo, programas de inserción e integración socio-laboral e de interculturalidade coa veciñanza que acolle, deben facilitar procesos de convivencia intercultural para as persoas que opten por quedar a vivir nas nosas vilas, aldeas e cidades, pasados eses dous anos.
  3. Para o conxunto da Igrexa Europea, Española e Galega, seguindo o mandato do Papa Francisco, a posta a disposición dos recursos humanos e materiais precisos para a acollida desta persoas con dereito a refuxio e tamén para as persoas migrantes Isto debe concretarse en cada diocese cun listado detallado de edificios, persoas e recursos que poden destinarse a estas actuacións.
  4. Para a administración autonómica e as administracións locais, o compromiso de colaborar de forma activa coas cesións dos recursos materiais e humanos precisos para garantir esa boa acollida das persoas con dereito a refuxio e tamén o trato non discriminatorio ás persoas migrantes residentes en
  5. Para o conxunto da cidadanía e para @s fill@s de Deus, de forma especial, o que xa estamos a facer: ofrecer espazos, tempo e medios para facilitar esa boa Un exemplo concreto, nunha comunidade en Compostela están a artellar a petición para que a Casa Parroquial en desuso sexa un espazo de acollida para unha ou dúas familias, co compromiso de asumir dende a comunidade os gastos derivados do seu mantemento. Un pequeno e magnifico exemplo. En todo caso, parece que o noso papel fundamental será o de colaborar de forma activa e participar nos procesos de promoción da interculturalidade que deben acompañar esta acollida inicial no medio e longo prazo. Ese é o reto que temos por diante, despois de acoller, temos que empezar a convivir con respecto e tolerancia. Aquí si que a nosa participación activa e positiva resultará, resulta xa para co colectivo migrante residente, imprescindible.

 

 

Quixemos neste Documento propoñer unha serie de actuacións diante dun reto que dicíamos ao principio debe ser estimulante para tod@s.

O reto de construír de forma solidaria unha sociedade aberta e intercultural, na que todas as persoas independentemente da nosa procedencia vexamos recoñecidos os nosos dereitos e poidamos vivir en paz. Así sexa.

 

COORDINADORA DE CRENTES GALEG@S

 

Paz_2015 [50918508]