Documento da Paz, de la Coordinadora de Crentes Galeg@s

0
247

A DIGNIDADE DA MULLER, DA FAMILIA E A PAZ

 

Desigualdades que viven e sofren as mulleres traballadoras e as súas familias diante da crise

 

A muller traballadora está sendo discriminada profesionalmente, salarialmente e polo feito de ser nai, en moitos casos, rescíndeselle ou prívaselle dun contrato de traballo. A muller está padecendo o acoso laboral, a violencia de xénero, a violencia machista, a violencia dunha sociedade machista na que os homes non están dispostos a perderen os seus privilexios e o seu dominio sobre a muller.

 

A muller traballadora, na maioría dos casos de familias afectadas pola lacra do paro, da marxinación e da precariedade, é a que está dando a cara e buscando solución a todos estes problemas con axuda mutua, con colaboración, con ánimo e esperanza, pero ao mesmo tempo, con rebeldía, participando en manifestacións, concentracións e mobilizacións de protesta, e todo isto a pesar de partir en desvantaxe nesta sociedade na que aínda predominan os valores machistas do ter sobre os valores humanos do ser.

 

Moitas das familias traballadoras, na nosa comunidade, atópanse desde hai anos sen traballo, sen ingresos para poder facer fronte aos gastos de comida, de luz, de auga, de educación, de sanidade, de hipotecas, etc. De seguro que todas coñecemos casos de familias traballadoras próximas a nós que viven esta situación de desesperación e de impotencia, nuns casos, e de resignación e conformismo noutros.

 

A resposta das institucións ante estas desigualdades, ante estas situacións de inxustiza, estamos vendo que na maioría dos casos é máis ben pouca o nula, que miran para outro lado, e seguen a aplicar reformas que empeoran as condicións do mundo laboral, seguen a recortar partidas para a sanidade pública en beneficio da sanidade privada, seguen recortando en  educación, en acción social, en dependencia, etc. nos orzamentos xerais de cada ano. Tanto o goberno central coma os autonómicos non están a facer nada por impedir o peche de empresas e a destrución de emprego, ademais de favorecer a flexibilidade e a conxelación salarial, precarizando aínda máis a situación das traballadoras. A Igrexa xerárquica pola súa parte atópase tamén lonxe desta realidade, e carece dunha denuncia profética de toda esta situación de corrupción, inxustizas e violacións dos dereitos das persoas traballadoras máis empobrecidas.

SEN  XUSTIZA

NON HAI DEREITOS

 

A muller debe recuperar a súa dignidade e igualdade como persoa

 

?As persistencias de moitas formas de discriminación que ofenden a dignidade e vocación das mulleres na esfera do traballo, débese a unha longa serie de condicionamentos perniciosos para a muller, que ten sido e aínda é esquecida nas súas prerrogativas, marxinada frecuentemente e incluso reducida a escravitude??. Xoán Paulo II

 

Non é posible a PAZ nunha sociedade onde a persoa non sexa o prioritario, onde a dignidade das persoas estea por debaixo dos intereses económicos, políticos e relixiosos, onde a dignidade da muller quede nun segundo ou terceiro plano. Parécenos ademais que esta grave e alarmante situación que estamos a vivir indica o grao  de deshumanización e de inxustiza social e laboral e que, polo tanto, resulta indignante para nós, como crentes na mensaxe de Xesús, que se estean a pisar a diario os dereitos máis básicos das persoas, que se nos estea a desposuír de dereitos que tanto custou conseguir.

 

?As dotes de delicadeza, peculiar sensibilidade e tenrura que de abondo ten a alma feminina, representan non só unha xenuína forza para a vida das familias, para  impulsar un clima de serenidade e de harmonía, senón que é unha realidade sen a cal a vocación humana sería irrealizable??. Papa Francisco, no Congreso del Centro Italiano Feminino, (Xaneiro de 2014)

 

Non é posible a PAZ se non somos capaces de tomar conciencia da necesidade de erradicar a violencia machista, a violencia de xénero, o acoso laboral, se non somos capaces de entender que toda esta violencia é tamén unha das moitas maneiras e formas de pobreza, de discriminación e de inxustiza que afectan ás mulleres e a moitas persoas. Vese necesario rebelarnos contra esas maneiras de organizar o traballo que afectan tan negativamente á vida, ás relacións familiares e ás relacións humanas. Previr o maltrato, acoller e protexer as vítimas da violencia doméstica, denunciar con valentía esta grave realidade e mobilizarnos, entendemos  que é o camiño para poñer fin ao sufrimento de tantas mulleres e de tantas persoas e conseguir unha sociedade máis xusta e máis humana.

 

?A dignidade persoal constitúe o fundamento da igualdade de todos os homes e mulleres entre si. De aquí que sexan absolutamente inaceptables as máis variadas formas de discriminación. Toda discriminación constitúe unha inxustiza completamente intolerable??. Xoán Paulo II ?Christifideles laici                                                           

Non é posible a PAZ se as institucións non son sensibles aos problemas que padecen as persoas máis empobrecidas da sociedade, se non teñen vontade política para tomar as medidas correctoras para propiciar un mellor reparto da riqueza, e continúan levando adiante xestións e proxectos que só enriquecen máis aos máis ricos. Non é posible a PAZ, nesta sociedade se os gobernos continúan a recortar axudas básicas necesarias para manter unha vida digna das persoas, como son as axudas educativas, para a creación de postos de traballo, axudas sanitarias, xurídicas, sociais, á dependencia, contra os desafiuzamentos, etc.

 

Compromiso pola dignidade da muller, pola xustiza e pola PAZ

 

No noso compromiso pola dignidade da muller, pola xustiza social e pola PAZ ten que estar moi presente a nosa rebeldía, a nosa indignación e a nosa denuncia profética.

 

Rebeldía, indignación e denuncia profética contra as inxustizas que se cometen a diario na nosa realidade máis próxima, coas persoas máis débiles, contra a muller, contra as traballadoras/es, contra a mocidade excluída do emprego, contra as persoas maiores  desprotexidas,  contra as familias desestruturadas polo salvaxe sistema produtivo capitalista, contra os emigrantes marxinados e devoltos con violencia aos seus países de orixe.

 

Rebeldía, indignación e denuncia profética contra as violencias, de xénero, familiares, de acoso laboral, de desafiuzamentos, de produtos financeiros (preferentes), corrupción, recortes e privación de dereitos (lei mordaza), incumprimento de promesas políticas.

 

Rebeldía, indignación e denuncia profética contra os continuos recortes, na sanidade universal, na educación pública, na cultura, nos salarios, nas condicións de traballo, nas axudas á dependencia, nas prestacións familiares, nos dereitos das persoas.

 

Rebeldía, indignación e denuncia profética contra as desigualdades, entre pobres e ricos, entre homes e mulleres, entre persoas con emprego e persoas desempregadas, entre países do norte e países do sur, entre relixións, entre políticos de dereitas e políticos de esquerdas.

 

Como persoas seguidoras de Xesús, como cristiás, temos que estar presentes nas mobilización, nas loitas, nas accións que reivindiquen unha maior xustiza para as persoas máis  empobrecidas, que reivindiquen a erradicación da violencia e da exclusión social das máis débiles, que reivindiquen que a persoa é o primeiro e máis importante na sociedade, por enriba dos intereses económicos, políticos e ideolóxicos.

 

Fronte a actual situación de inxustizas, palabras do Papa Francisco que nos animan á rebeldía no ?Encontro mundial  de Movementos Populares??

?Non se pode abordar o escándalo da pobreza promovendo estratexias de contención que unicamente tranquilicen e convertan aos pobres en seres domesticados e inofensivos. Que triste ver cando detrás de supostas obras altruístas, se reduce ao outro á pasividade, se lle nega ou peor, escóndense negocios e ambicións persoais: Xesús diríalles hipócritas. Que lindo é en cambio cando vemos en movemento a pobos, sobre todo,a os seus membros máis pobres e á xuventude. Entón si que se sente o vento de promesa que aviva a ilusión dun mundo mellor. Que ese vento se transforme en vendaval de esperanza. Ese é o meu desexo.??

 

?Con Xesús sempre nace e renace a ledicia para as persoas desempregadas, traballadoras precarias, desafiuzadas, sen papeis, … os pobres??. (Papa Francisco)