InicioActualidad de Redes CristianasDocumento da Paz 2019/20: A paz faise entre tod@s

Documento da Paz 2019/20: A paz faise entre tod@s

Publicado en

 

“Como podemos falar de paz mentres construímos novas e formidables armas de guerra? Como podemos falar de paz mentres xustificamos determinadas accións espurias con discursos de discriminación e odio?… A paz non é máis que un son de palabras, se non está fundamentada na verdade, se non se constrúe de acordo coa xustiza, se non está vivificada e completada pola caridade, e se non se realiza na liberdade” (Papa Francisco, discurso en Hiroshima, novembro 2019). As palabras de Francisco lévannos a reflexionar ás persoas Cristiás, no comezo do ano, sobre o noso compromiso diario na construción da paz no mundo que vivimos e na nosa realidade máis próxima: Galicia. Certo que vivimos nun lugar privilexiado fronte a millóns de persoas no mundo. Porén, esta paz aparente é  feble e pode rachar en calquera intre. A metade dos galegos sobreviven a base de prestacións públicas: pensións e subsidios (La Voz de Galicia 26-11-2019). Os recentes sucesos en Chile, un dos países máis prósperos de América do Sur, avisan da fraxilidade das sociedades chamadas do benestar. A violencia de xénero que este ano foi especialmente dura na nosa terra, a xenofobia, a homofobia e os novos discursos do odio dalgún grupo político, mesmo amparándose na relixión cristiá, son mostras de que a paz está lonxe de ser estable.
QUE PODEMOS APORTAR?
Para lograr un clima de paz é imprescindible que todos os membros dun colectivo, dun pobo, se sumen no proxecto de construír a paz no seu arredor. Non é doado superar a conflitividade, harmonizar intereses encontrados, reformar organismos carentes de imparcialidade. Fundamental é unha educación para a paz desde as familias e  sobor de todo na escola, onde medran cada ano casos de acoso e maltrato. Educar a nenos e mozos na resolución de conflitos sen odio e sen violencia é unha  materia pendente na educación.
CONSUMO RESPONSABLE
Unha das causas de inestabilidade en moitos países é o hiperconsumo no que está mergullado boa parte do mundo. Non se trata só dos danos ecolóxicos da superprodución senón do empobrecemento e escravitude de millóns de persoas. Detrás das guerras en África agáchanse grandes intereses comerciais, e como non, a venta e tráfico de armas. España non é allea a esta situación. Tampouco a ONU, pois o 80% da venda de armamento procede dos países membros do Consello de Seguridade  das Nacións Unidas. O gasto mundial en armamento (2018) foi o maior dos últimos 30 anos (1,63 billóns de euros). O Papa Francisco ven de reclamar a ONU que desapareza o dereito ao veto no Consello de Seguridade das 5 potencias. Temos logo que apostar por un consumo responsable e sobrio, eliminando o innecesario, favorecendo o comercio ecolóxico e as enerxías sostibles. So así frearemos a devastación do planeta e a violencia que xera unha produción salvaxe en tantos países. O recente Sínodo da Amazonía, celebrado o pasado mes de outubro en Roma, reclamou novas políticas que defendan os territorios ameazados e aos seus poboadores. Dende a nosa fe no Xesús Liberador non podemos deixar de loitar neste empeño de salvar a Creación.

2ª MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA (https://theworldmarch.org/ )
O 3 de outubro de 2019 comezou en Madrid a 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia que busca unha converxencia global dos esforzos das distintas colectividades e movementos a prol dos seguintes obxectivos: * Apoiar o Tratado de Prohibición de Armas Nucleares e eliminar así a posibilidade dunha catástrofe mundial e destinando os seus recursos ás necesidades da humanidade. * Erradicar a fame do planeta. * Reformar a ONU para que se converta nun auténtico Consello Mundial para a Paz. * Completar a Declaración de Dereitos Humanos cunha Carta pola Democracia Global. * Activar un Plan de Medidas contra o Supremacismo e calquera discriminación por raza, nacionalidade, sexo ou relixión. * Facer fronte ao cambio climático. * Promover a NON VIOLENCIA ACTIVA para que o diálogo e a solidariedade sexan as forzas transformadoras fronte á imposición e á guerra.
A día de hoxe 80 países asinaron a favor do fin das armas nucleares,  33 ratificaron e faltan 17 por asinar. A Marcha rematará en Madrid o 8 de Marzo de 2020, no Día Internacional da Muller.
Agora, cada quen ten na súa man o sumarse a este ánimo de santidade que percorre o mundo. Non abonda con amar a Deus e non idolatrar, xa non abonda con non matar, non roubar ou non levantar falso testemuño.
Nos últimos meses contemplamos como a violencia estoupou en tantos lugares do mundo: Nicaragua, Bolivia, Venezuela, Chile, Colombia, España, Francia, Hon Kong… Artellar camiños de diálogo e pacificación é tarefa urxente que require de todas nós.
“En Nagasaki e en Hiroshima estiven orando, encontreime con algúns sobreviventes e familiares das vítimas e reiterei a firme condena das armas nucleares e da hipocrisía de falar de paz, construíndo e vendendo armas (…) Hai países cristiáns, países europeos que falan da paz e logo viven das armas” (Papa Francisco)

Coordinadora de Crentes Galeg@s

documento paz 19-20

Últimos artículos

Segundo día de movilización estatal contra el genocidio en Palestina 25F

kaosenlared Este 25 de febrero volvemos a salir a las calles por el fin del...

Palestina. Medio millón de palestinos al borde de la hambruna al norte de Gaza

Resumen Latinoamericano Procesan comida para animales ante escasez de alimentos En el día 140 de...

Carta por la paz: que se callen las armas -- Varios autores

Rebelión Al cumplirse dos años de la guerra entre Ucrania y la Federación de Rusia...

Noticias similares

Segundo día de movilización estatal contra el genocidio en Palestina 25F

kaosenlared Este 25 de febrero volvemos a salir a las calles por el fin del...

Palestina. Medio millón de palestinos al borde de la hambruna al norte de Gaza

Resumen Latinoamericano Procesan comida para animales ante escasez de alimentos En el día 140 de...

Carta por la paz: que se callen las armas -- Varios autores

Rebelión Al cumplirse dos años de la guerra entre Ucrania y la Federación de Rusia...