Enviado a la página web de Redes Cristianas
Non máis abusos na Igrexa. O abuso manca o Corpo de Cristo.
Con motivo da festividade do Corpus Christi, este domingo tivo lugar un acto público de presenza silenciosa diante da Catedral de Lugo ao inicio da procesión. Esta acción foi convocada pola
Revolta de Mulleres na Igrexa de Galicia e a Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria, co apoio de diversas plataformas feministas e colectivos eclesiais e sociais.
Este acto ten como obxectivo expresar o desexo de que non haxa máis abusos na Igrexa, e ao mesmo tempo manifestar a solidariedade coa menor de idade recentemente afectada na Diocese
de Lugo, e co seu entorno máis próximo.
A través dun xesto simbólico e pacífico, en silencio, quixemos facer visible a dor, a indignación e o compromiso crente cunha Igrexa sinodal, segura e evanxélica, que aposte decididamente pola verdade, a reparación e a transformación das súas estruturas, superando a asimetría de poder nas
relacións pastorais.
Esta presenza silenciosa é unha chamada pública á responsabilidade da xerarquía eclesial, á conversión estrutural e á implementación efectiva dunha cultura do coidado, que supere a
tendencia ao encubrimento e a impunidade.
Coma crentes e coma mulleres comprometidas coa xustiza e a dignidade, pedimos:
• Que a Igrexa actúe con valentía evanxélica, que mire de fronte a dor, que renuncie ao silencio cómplice e á impunidade, e que se poña sen reservas, do lado de quen sufre.
• Que se abra o proceso canónico pertinente no caso que nos ocupa e que se manteñan as medidas cautelares anunciadas o 19.06.2025
• Que todos os bispos do estado español implementen nas súas dioceses as indicacións marcadas na Guía para parroquias Por una vida libre de violencias contra las mujeres, elaborada pola Pastoral para el Desarrollo Humano Integral da Diocese de Madrid
(https://www.pastoralsocialmadrid.com/wp-content/uploads/2024/11/MUJ-Guia-paraparroquias-241002.-Por-una-vida-libre-de-violencia-contra-las-mujeres.pdf)
• Que o Bispado de Lugo convoque unha Mesa Diocesana de Diálogo sobre Abusos na que se aborde esta cuestión no seo da nosa comunidade e se nos faga partícipes xunto con outros irmáns e irmás dispostas a afrontar esta realidade coa a valentía e transparencia que precisa.
Porque outra Igrexa é posible e necesaria, e non haberá redención sen verdade e xustiza
Convocan:
Revolta das Mulleres na Igrexa de Galicia
Asociación Mulleres Cristias Galegas Exeria (www.exeria.org)
Apoian: Plataforma Feminista de Lugo, Asociación Irimia, Asociación Encrucillada, Foro Feminista
de Lugo.
Contacto: mcgexeria@gmail.com Tfno: 676 180 127 (Marisa)