Contra a Pobreza e o Paro: Compromiso e Solidariedade [Galego] -- Coordenadora de Crentes Galeg@s

0
43

1.-Nun contexto de forte crecemento do desemprego e da pobreza

Todo o pasado ano 2009 e o ano 2010 que está a piques de rematar caracterizase de forma determinante polo forte incremento do desemprego. O desemprego estase a converter para moitas persoas nunha situación dramática e está a provocar un notable incremento das situacións de pobreza e exclusión social. Unha crise que apareceu como financiera, nun primeiro momento, derivada da aplicación de políticas ultraliberais por parte dos países enriquecidos do Planeta e duns gobernos ao servizo dos grandes mercados financieiros que son os que dirixen o mundo, remata por provocar,en xeral, e en concreto no caso español e galego, unha fonda crise de paro, sin expectativas reais de que a situación mellore no curto e no medio prazo.

Neste tipo de contextos, as persoas en situación de especial vulnerabilidade son as primeiras excluídas do mercado laboral e/ou as que se situan nunha posición máis lonxana para acceder ao mesmo, a Coordenadora de Crentes Galeg@s quere neste Documento da Paz 2010 amosar o seu compromiso e solidariedade coas persoas en especial situación de vulnerabilidade residentes en Galiza, xa que non é posible a verdadeira Paz nunhas condicións de flagrante inxustiza. Quere tamén facer un chamamento ao conxunto da sociedade galega para que asuma como prioridade fundamental revertir os datos concretos que recollemos a continuación:

1.- As persoas en situación de desemprego que chegan aos 4, 574 millóns no Conxunto do Estado Español ( máis dun millón de familias de desempregad@s non perciben ingreso algún), sobrepasan as 195.000 persoas en Galicia, segundo a EPA ? 235.000 segundo os datos do Servizo Público de Emprego – (máis de 55.000 familias de desempregad@s galegos e galegas non perciben ingreso algún).

2.- Ese panorama ten coma complemento os datos referidos á pobreza e a exclusión social, aínda referidos ao ano 2009, que sinalan 8 millóns de persoas nesa situación no conxunto do Estado e que no caso de Galiza se concretan en 580.000 persoas en situación de pobreza (con ingresos inferiores a 7.000 Euros anuais) e 60.000 en situación de pobreza severa (ingresos inferiores a 1.000 Euros anuais). Entre os datos globais, a porcentaxe de mulleres en situación de pobreza é superior ao dos homes e finalmente, no último lugar da cadea da pobreza atopamos as persoas sen teito, transeúntes que deambulan por Galiza e zonas próximas de albergue en albergue ou que viven en situacións de infravivenda máxima ou directamente na rúa, falamos de cerca de 4.000 persoas en Galiza .

2.- Os procesos de exclusión social. Un chamamento á solidariedade

Nese contexto de cifras, a realidade social máis preocupante é que a situación de desemprego crecente e sobretodo prolongada no tempo, está a provocar un forte incremento das persoas que entren en procesos de exclusión social, segundo este modelo que tipificamos nas seguintes fases:

1.- Perda de posto de traballo e escasas posibilidades de acceder a outro.
2.- Forte diminución dos ingresos persoais e familiares.
3.- Situación de perigo de perda da vivenda habitual (en réxime de alugueiro ou de propiedade con hipóteca)
4.- Entrada en dinámicas de dependencia de axudas sociais e de relación con entidades públicas e privadas de asistencia.
5.- Problemas complementarios novos ou reforzados: relacións familiares conflictivas; dependencia de drogas; dificultades para a relación persoal e social; dinámicas de ingresos irregulares ou semi-delectivos; etc
6.- Alongamento estructural da situación.

A Coordenadora de Crentes Galeg@s neste Docuemento da Paz 2010 quere advertir de forma clara ao conxunta da sociedade sobre o aumento das persoas en situación de exclusión social que se está a producir nos últimos dous anos derivadas do aumento do desemprego e a súa prolongación do tempo, segundo o modelo que rematamos de describir.

3.- Unha caracterización das persoas e colectivos en situación de exclusión social

Cando falamos destas persoas, falamos de: persoas maiores con prestacións mínimas;
mulleres, especialmente con cargas familiares non compartidas, maiores de 35 anos, con escasa formación e experiencia laboral, e/ou vítimas da chamada ?violencia de xenero??;persoas pertencentes a determinadas minorías étnicas;.persoas inmigrantes (especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa) ou emigrantes retornadas;persoas novas procedentes de entornos socio-familiares difíciles e/ou con experiencias de fracaso escolar; persoas que pasan ou pasaron por situacións de dependencia de drogas; persoas con diferentes graos de discapacidade física ou intelectual; persoas que sufren enfermedades mentais; reclus@s e exreclus@s;persoas con situación de desemprego longo e estructural; outros e outras,??

ALG?NS ROSTROS CONCRETOS DA POBREZA

1.- María 42 anos, divorciada, dous fillos, debería cobrar unha pensión paternal que nunca chega. Percibe unha RISGA. Busca traballo, pero só traballou como limpadora en casas particulares,??..

2.- Carlos, 19 anos, deixou o Instituto aos 16 anos, andaba por 2º da ESO. Fixo algún cursiño do INEM, e traballou unha tempada de camareiro. Na casa a situación económica e moi xusta. Súa nai levaba xa algún tempo en paro, pero agora tamén seu pai, con case 50 anos atópase co peche da empresa na que levaba case 20 anos traballando.

3.- Xoana , 34 anos, ven de facer unha denuncia contra o seu home, que levaba ano e medio longo maltratandoa física e psicolóxicamente. Non sabe se chegará ao final coa denuncia. Marchou cara a casa da súa nai , o seu fillo de 9 anos acompañouna, aínda que probablemente teña que quedar co pai. Traballaba de dependenta antes de casar.

4- Rosa 51 anos, casada cun home que leva en paro xa máis de 8 meses, que ademáis leva un tempo bebendo de máis. Está a buscar traballo, pero en realidade non sabe facer nada, salvo o traballo doméstico. Xa case non lles queda prestación e van empezar os problemas,??.

5.- Luis, 29 anos, colombiano, cunha muller e dous fillos, leva case dous anos en España, aínda lle falta un para o arraigo. Cada vez lle resulta máis difícil atopar traballo sen papeis,??.

6.- Mar , 27 anos, empezou no mundo da droga aos 15 anos, ten unha filla que coida a súa nai. Estivo varios anos dando tumbos e tamén ten sida. Está cubrindo a última fase de Proxecto Home, a punto de conseguir a alta terapeútica. Ten esperanzas, pero,??.

7.- Ramón, sobre 48 anos, leva alomenos 8 anos na rúa. Polo albergue dos franciscanos pasa cada 3 meses. Dí que é de Zaragoza e que traballou nun banco. Aínda soña con atopar traballo cando non está bebedo.

4.- Compromiso e Solidariedade

Diante desta situación grave que a todos e todas nos afecta, a Coordenadora de Crentes Galeg@s formada por grupos de cristiáns de base que traballan a reo en moitos casos contra a pobreza e a exclusión social, quere por unha banda recoñecer e salientar o traballo que desenvolven ás entidades sociais en Galiza, revindicar para elas un maior protagonismo social e denunciar que as administración públicas, nomeadamente a Xunta de Galiza, neste época de forte Crise con rostros concretos, como os que rematamos de ver, nos orzamentos para o ano 2011 reducen de forma substancial os recursos destinados ás políticas de loita contra a pobreza e a exclusión social.

Intolerable actitude nun momento en que os recursos debían incrementarse de forma notable, convertindo en principal obxectivo político e social a Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
Nós, pola nosa parte como cristiáns e cristiás da Igrexa de Base de Galiza, seguidores de Xesús de Nazaret que foi quen de enfrontarse aos poderosos do seu tempo na procura de xustiza para @s empobrecid@s, comprometemos o noso traballo arreo nesa Loita, para a que requerimos tamén o compromiso activo da nosa xerarquía eclesiástica que compre no caso galego que levante unha voz clara e forte a prol das persoas en situación de pobreza e exclusión social e contra as políticas xeradoras desas situacións, tamén fronte as actuacións políticas que non destinan nin garanten polo tantos os recursos necesarios para esa Loita.