Comunicado público da Revolta de Mulleres na Igrexa

0
77

Enviado a la página web de Redes Cristianas

Con raiba e dor, indignación e noxo, as persoas que formamos parte da Revolta das Mulleres na Igrexa recibimos a noticia dunha denuncia de abuso sexual a unha menor por parte dun sacerdote da diocese de Lugo, España.

Sen dúbida, manifestamos noso apoio á menor e o seu entorno: familia e amizades, en especial aos rapaces e rapazas pertencentes a grupos de xoves cristáns, que están vivindo
unha situación que para nada é querida por Deus, todo amor e coidado.

Valoramos positivamente o comunicado realizado polo Obispado de Lugo ese mesmo día e agradecemos a rapidez da súa resposta. Se ben, esiximos que se inicie una investigación
eclesiástica exhaustiva e transparente que, paralelamente á investigación policial e xudicial, permita esclarecer os feitos, establecer responsabilidades e garantir xustiza e reparación.

Á luz desta triste noticia tamén queremos compartir con toda a comunidade eclesial e social as seguintes reflexións:

? A violencia contra as mulleres non son feitos illados, son froito dunha coxuntura estrutural e simbólica que a sostén e a fai posible. Demasiadas veces vemos como a primeira reacción é o silencio e o agochamento, favorecidos por dinámicas de poder que a naturalizan, privilexiando a reputación institucional por riba da vida e a dignidade das persoas que a padecen.

? O abuso sexual non so destrúe a quen o sofre: desgarra o tecido comunitario, rompe a confianza nas persoas, e deixa a quen a padece sumida en fonda crise humana e espiritual. Cando estas persoas son novas, aínda en proceso de maduración persoal, as consecuencias son desvastadoras. É urxente unha
conversión radical na Igrexa. A comunidade é a base do noso ser cristián.

Cando se produce unha situación de abuso e violencia estase a fracturar o espazo de fe e seguridade das vítimas, das persoas próximas a elas e de toda a sociedade.
Por iso, porque o principio comunitario é a nosa raiz, queremos facer caer na conta a Igrexa de que as medidas puntuais ou as respostas á defensiva non son a solución. É necesario un novo xeito de reaccionar: escoitar ás vítimas, reparar o dano e transformar a totalidade das estruturas que fixeron posible o abuso, camiñando cara unha sinodalidade real e efectiva.

? É urxente rematar coa cultura do abuso —sostida polo autoritarismo, o encubrimento e a impunidade— e implementar decididamente unha cultura do coidado, que poña no centro a dignidade humana, a verdade e a misericordia. O coidado ten que se converter na práctica eclesial por excelencia en todos os ámbitos se é que queremos transformar o mundo en Reino de Deus, un Reino de paz e xustiza que ten que transparentarse nas prácticas eclesiais, nas relaciones, nas comunidades e nas estructuras.

Coma crentes e coma mulleres comprometidas coa xustiza e a dignidade, pedimos ? que a Igrexa actúe con valentía evanxélica. Que mire de fronte a dor. Que renuncie ao silencio cómplice e á impunidade, e que se poña sen reservas, do lado de quen sufre.

? que se abra o proceso canónico pertinente no caso que nos ocupa e que se manteñan as medidas cautelares anunciadas o 17.06.2025,
? que todos los bispos do estado español implementen nas súas doiceses as indicacións marcadas na Guía para parroquias Por una vida libre de violencias contra las mujeres, elaborada pola Pastoral para el Desarrollo Humano Integral da Diocese de Madrid, (https://www.pastoralsocialmadrid.com/wp-content/uploads/2024/11/MUJ-Guia-para-parroquias-241002.-Por-una-vida-libre-de-violencia-contra-las-mujeres.pdf )

? que o Bispado de Lugo convoque unha Mesa Diocesana de Diálogo sobre Abusos na que se aborde esta cuestión no seo da nosa comunidade e se nos faga partícipes xunto con outros irmáns e irmás dispostas a afrontar esta realidade coa a valentía e transparencia que precisa.

Porque outra Igrexa é posible e necesaria, e non haberá redención sen verdade nin xustiza!

Asinan este comunicado:
Revolta de Mulleres na Igrexa de Galicia
Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria

Apoian: