Compañeiras, amigas
Poñémonos en contacto con vós para informarvos do que xa teredes visto hoxe na prensa: Esta semana iniciamos no concello a tramitación para solicitar que se designe como Praza Exeria ao novo espazo urbano que se vai abrir no cruce entre a avenida de Lugo e a Rúa dos Concheiros.
Necesitamos o apoio de todas vós, para que a petición teña forza. Por iso vos animamos a entrar na nosa web e asinar a petición, tanto a título persoal coma no nome das vosas asociacións.
Lembrade: www.exeria.org
Tamén podedes entrar no facebook de Mulleres Cristiás Galegas Exeria
https://www.facebook.com/Exeria-Mulleres-Cristi%C3%A1s-Galegas-100323464923652
Para máis información, adxuntamos o texto da solicitude ao concello. Lede nel as nosas razóns: é de lei que Exeria figure nun espazo urbano en Compostela!!
Grazas a todas polo voso apoio
Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria