Comunicado de prensa de la Coordinadora de Crentes Galegos

0
74

COMUNICADO DE PRENSA
ASOCIACIONES DE LA IGLESIA DE BASE DE GALICIA
EN RELACI?N CON LA DECISI?N DE ALGUNOS ALCALDES DE NO PARTICIPAR DE FORMA OFICIAL EN ACTOS RELIGIOSOS

 

Las Asociaciones de Iglesia de Base Gallegas, integradas en la Coordinadora de Crentes Galeg@s y a nivel estatal en el colectivo Redes Cristianas hacemos público en relación con la decisión de algunos alcaldes de no participar de forma oficial en actos religiosos, el siguiente COMUNICADO:

«1.- La Coordinadora de Crentes Galeg@s y a nivel estatal Redes Cristianas, llevamos tiempo reivindicando la necesidad de que se establezca una clara separación entre la Iglesia, el resto de confesiones religiosas y el Estado. Esa separación viene recogida en la propia Constitución Española. De la misma manera, hemos solicitado también en muchas ocasiones una revisión del Concordato firmado entre el Estado Español y la Santa Sede en el año 1979, que precisa urgente actualización y renovación, precisamente para poder garantizar esa separación entre Iglesia y Estado entre otras cuestiones.

2.- Desde nuestra perspectiva esa rigurosa separación entre Iglesia y Estado, sería también enormemente positiva para la propia Iglesia, que muchas veces aparece mezclada con poderes y grupos políticos determinados y que de esta manera podría desarrollar su actividad celebrativa y evangelizadora de forma libre y autónoma.
3.- Por lo tanto, consideramos una decisión adecuada y plenamente responsable la que han manifestado algunos nuevos alcaldes de algunas ciudades de Galicia de no participar de forma oficial en actos religiosos, vinculados con nuestras tradiciones. Como personas y a nivel individual, los representantes políticos que se sientan y manifiesten creyentes, pueden participar como cualquier otra persona de nuestras comunidades en los actos religiosos que quieran. Precisamente, el problema viene cuando esa presencia se hace de forma oficial, situándose en lugares destacados en las celebraciones, e incluso con intervenciones pseudo-religioso-polítícas, al estilo de las homilías de los celebrantes.
En definitiva, damos la bienvenida y nuestro apoyo, como cristianos y cristianas de base hondamente comprometidos con la Iglesia y con nuestra sociedad, a este tipo de gestos que pensamos van en la buena dirección para conseguir de forma definitiva esa separación de la Iglesia y el Estado en todos los ámbitos de la vida social, que tan positiva sería para tod@s.»

COMUNICADO DE PRENSA

ASOCIACI?NS DA IGREXA DE BASE DE GALICIA

EN RELACI?N COA DECISI?N DALG?NS ALCALDES DE NON PARTICIPAR DE FORMA OFICIAL EN ACTOS RELIXIOSOS

 

 As Asociacións de Igrexa de Base Galegas, integradas na  Coordinadora de Crentes Galeg@s e a nivel estatal no colectivo Redes Cristiás facemos público en relación coa decisión dalgúns alcaldes de non participar de forma oficial en actos relixiosos, o seguinte COMUNICADO :

 

?1.- A Coordinadora de Crentes Galeg@s e a nivel estatal Redes Cristiás, levamos tempo reivindicando a necesidade de que se estableza unha clara separación entre a Igrexa, o resto de confesións relixiosas e o Estado. Esa separación ven recollida na propia Constitución Española. Do mesmo xeito, temos solicitado tamén en moitas ocasións unha revisión do Concordato asinado entre o Estado Español e a Santa Sede no ano 1979, que precisa urxente actualización e renovación, precisamente para poder garantir esa separación entre Igrexa e Estado entre outras cuestións.

 

2.- Dende a nosa perspectiva esa rigorosa separación entre Igrexa e Estado, sería tamén enormemente positiva para a propia Igrexa, que moitas veces aparece mesturada con poderes e grupos políticos determinados e que desta maneira podería desenvolver a súa actividade celebrativa e evanxelizadora de forma libre e autónoma.

 

3.- Polo tanto, consideramos unha decisión axeitada e plenamente responsable a que teñen manifestado algúns novos alcaldes dalgunhas cidades de Galicia de non participar de forma oficial en actos relixiosos, vencellados coas nosas tradicións. Como persoas e a nivel individual, os representantes políticos que se sintan e manifesten crentes, poden participar como calquera outra persoa das nosas comunidades nos actos relixiosos que queiran. Precisamente, o problema ven cando esa presenza se fai de forma oficial, situándose en lugares destacados nas celebracións, e mesmo con intervencións pseudorelixioso-polítícas, ao estilo das homilías dos celebrantes.

 

En definitiva, damos a benvida e o noso apoio, como cristiáns e cristiás de base fondamente comprometidos coa Igrexa e coa nosa sociedade, a este tipo de xestos que pensamos van na boa dirección para acadar de forma definitiva esa separación da Igrexa e o Estado en tódolos ámbitos da vida social, que tan positiva sería para tod@s.??